Melide, Cerne de Galicia

O Camiño Francés na Terra de Melide

CaminoFrances

O Camiño Francés entra no Concello de Melide polo lugar de O Coto dende onde baixa ata á aldea de Leboreiro que de antigo contaba con hospital de peregrinos documenta xo xa no século XII. Destaca a súa igrexa gótica con pintura renacentista. Dende alí pasa a ponte medieval do Río Seco para enfilar a longa recta de A Madanela onde hoxe está situado o polígono industrial de Melide.

Segue o Camiño pola Senda do Peregrino onde pasado xa o polígono atoparemos un monumento á Cruz de Santiago. En este punto contamos con unha fonte de auga fresca.

Seguimos cara abaixo ata chegar á Ponte de Furelos, unha das pontes Románicas emblemáticas do Camiño de Santiago por onde cruzaremos cara á aldea de Furelos. Merece a pena entrar na súa Igrexa para admirar a imaxinería relixiosa, destacando por inusual, o Cristo crucificado por unha soa man.

Deixamos Furelos e pola senda do peregrino achegámonos ata Melide onde o olor a polbo nos lembra que nos atopamos onde posiblemente se faga o mellor polbo do mundo.

En Melide temos todos os servizos que podemos demandar para aliviar os nosos cansos pes, e repoñer folgos para afrontar con garantías ás derradeiras etapas do Camiño de Santiago.

Albergues, gastronomía, ocio, cultura, compras, esparcimento ou descanso. Nós eleximos entre o amplo abano de posibilidades que nos ofrece esta Vila Medieval que foi quen de derrotar aos franceses.

Xa descansados, baixamos cara á Furelos onde se atopa á xoia do patrimonio melidá, a Igrexa de Santa María de Melide. Declarada Patrimonio Nacional, ás suas pinturas que datan da primeira metade do século XVI.

Seguemos Camiño e chagamos ata San Vicenzo de Vitiriz onde antes de deixar atrás as terras melidás, cumpre facer un alto no Camiño para contemplar á súa Igrexa Románica con un singular rosetón de pedra na porta principal e un fantástico Agnus Dei no cumio do ábside.

GFacebookTwitterYoutube